Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O alcalde de Arzúa asina un convenio de colaboración coa Deputación Provincial que achegará 60.000 euros para a mellora de camiños rurais

O Alcalde de Arzúa, José Luis García, desprazouse no día de onte á cidade da Coruña para asinar un convenio de colaboración coa Deputación Provincial por importe de 60.000 euros que se investirán na mellora e acondicionamento de camiños e vías do rural.

José Luis García explicaba esta mañá que “as actuacións que se van levar a cabo responden todas a peticións dos nosos veciños priorizando aquelas de carácter máis urxente e que prestan un maior servizo”.

Deste xeito, cos fondos procedentes da Deputación Provincial, o goberno local de Arzúa procederá nas vindeiras datas a executar as seguintes actuacións: acondicionar o camiño que dá acceso ao lugar de Pastoriza A Vella dende Pantiñobre; mellorar o acceso ao lugar de Pastoriza A Nova; realizaranse tamén traballos de mellora no camiño de Trasbar, en Dombodán, e nun camiño no lugar de Fonxe, na parroquia de Santa María. O proxecto inclúe tamén o acondicionamento do acceso ao lugar de Tras Igrexa na parroquia de Rendal.

O alcalde de Arzúa quixo agradecer públicamente nesta ocasión “a colaboración do organismo provincial que atendeu a petición efectuada dende a alcaldía e que nos permitirá agora levar a cabo actuacións que son moi importantes de cara a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email