Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Alcalde de Arzúa arranca un compromiso en serio da Deputación para o arranxo da Ponte da Regada

O alcalde de Arzúa, José Luis García López, xunto co alcalde de Santiso, Fernando Suárez mantiveron unha reunión co Presidente da Deputación Provincial, Diego Calvo, na tarde de onte acompañados dos voceiros dos grupos políticos con representación en ambas corporacións municipais. O motivo do encontro era o de coñecer se finalmente a Deputación asumiría o compromiso de financiar unha parte das obras que son precisas para o acondicionamento da Ponte da Regada, situada na estrada que une ambos municipios e que quedou seriamente afectada tralas fortes choivas caídas a finais do mes de xaneiro que causaron cuantiosos danos na súa estructura.

Ao remate do encontro soubose que, finalmente, a Deputación Provincial respaldará económicamente a reconstrucción da ponte aportando a metade da inversión que se precisa para o seu acondicionamento, que conta cun presuposto aproximado de 288.000 euros. O 50% restante será financiado pola Consellería de Medio Rural tal e como se comprometeu a súa titular, Rosa Quintana, antes os respectivos alcaldes nun encontro mantido no pasado mes de febreiro cando ambos rexedores lle amosaron un anteproxeto de reconstrucción da infraestructura.

O alcalde de Arzúa, José Luis García, expresou a súa satisfacción ao remate da reunión xa que “finalmente hai compromiso por parte dos dous organismos de financiar o proxeto o que supón un paso moi importante, un alivio, xa que tiñamos medo de que, por mor da crise, non houbese financiamento”.

A aportación que faga a Deputación Provincial obterase do remanente de tesourería liquidado do orzamento do pasado exercizo polo que para liberar a aportación haberá que agardar a que o Goberno central autorice destinar a investimento ditos fondos. Polo tanto, “o seguinte paso”, como sinala o alcalde de Arzúa, será procurar “que as obras se leven a cabo coa maior celeridade posible”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email