Arzúa o destino verde de Galicia

Novos cursos gratuítos multimedia na Aula CeMIT de Arzúa

23 abril, 2012

A aula CeMIT de Arzúa acollerá a partir do mes de maio e ata o mes decembro oito cursos gratuítos relacionados co sector multimedia e audiovisual. Xa está aberto o prazo de inscrición para as catro primeiras actividades:
  • Posicionamento Web: A través desta microactividade preténdese ofrecer as claves e coñecementos necesarios para entender como funcionan os buscadores e que cambios debes implementar na túa web así como as accións que se deben levar a cabo para mellorar o posicionamento (SEO) ou supervisar o posicionamento da tua web por parte dun proveedor.
Datas: do 7 ao 10 de maio.
Horario: 10:00 – 14:00 h.
Prazo de inscrición: ata o 29 de abril.
  • TV en Internet: A través da microactividade aquí proposta, «televisión en internet» preténdese dar a coñecer a cantidade de posibilidades de distribución de contidos audiovisuais que ten a rede.
Datas: do 21 ao 24 de maio.
Horario: 10:00 – 14:00 h.
Prazo de inscrición: ata o 29 de abril.
  • Deseño Gráfico: A través desta microactividade preténdese facer comprender aos asistentes as posibilidades que se ofrecen no mundo do deseño gráfico, sobre todo no referente aos posibles enfoques profesionais dotando dun coñecemento básico das ferramentas que están a súa disposición.
Datas: do 11 ao 14 de xuño.
Horario: 10:00 – 14:00 h.
Prazo de inscrición: ata o 29 de abril.
  • Retoque fotográfico: Este microactividade ten como obxectivo dotar aos participantes dos coñecementos e prácticas necesarios para a manipulación de imaxes dixitais, obtidas por medio de escáneres ou cámaras dixitais, a través do correcto manexo de todas as posibilidades que ofrece a aplicación informática de software libre Gimp no tratamento de imaxes.
Datas: 25 ao 28 de xuño.
Horario: 10:00 – 14:00 h.
Prazo de inscrición: ata o 29 de abril.
 
 
 
Os interesados nestas actividades poden informarse das datas de comezo de cada unha delas e reservar praza na aula CeMIT de Arzúa, a través do 981 552 568 ou a da web http://aulascemit.xunta.es/inscripcion.
 
Se teñen dúbidas á hora de inscribirse poden consultar a seguinte guía: Como matricularse nos cursos?
 

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.