Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

NOVA RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS POLAS PARROQUIAS

Cartel Recollida Plásticos Agrícolas Xeral - Concello de Arzúa

O Concello de Arzúa comezará en breve a recollida de plásticos derivados da actividade agrícola polas parroquias.

O servizo de recollida irá a todas as parroquias, os veciños que teñan plásticos e queiran desfacerse deles deben estar á hora indicada no lugar sinalado para cada parroquia. Os plásticos deben presentarse limpos e atados para facilitar os traballos de recollida.

O camión pasará a recoller os plásticos nos días, horas e lugares que sinalaremos deseguido:

Mércores, 7 de outubro:

9:00 h – BOENTE, no tramo da carretera antiga en Boente de abaixo
9:30 h – FIGUEIROA, no Curro
10:00 h – A CASTAÑEDA, no campo da festa
10:30 h – VILANTIME, no campo da festa
11:30 h – MAROXO, no campo da festa
12:00 h – BRANDESO, no campo da festa
12:30 h – VIÑÓS, no campo da festa
13:00 h – TRONCEDA, xunto á escola
13:30 h – DOMBODÁN, no campo da festa

Xoves, 8 de outubro:

9:00 h – BRANZÁ, xunto á Igrexa
10:00 h – PANTIÑOBRE, ao carón da escola
11:30 h – LEMA, no campo da festa
12:00 h – RENDAL, no campo da festa
12:30 h – A MELLA, no campo da festa
13:30 h – VILADAVIL, xunto a pista polideportiva

Venres, 9 de outubro:

9:00 h – SANTA MARÍA, no cruce de Seixas
9:30 h – SANTO ESTEVO, xunto á igrexa
11:00 h – SAN MARTIÑO, no campo da festa
12:30 h – OÍNS, no campo da festa
13:00 h – DODRO, xunto á igrexa
13:30 h – BURRES, ao carón da escola

Dende o Concello solicítase colaboración por parte dos veciños, xa que do contrario non se podería levar a bo fin esta iniciativa; polo que se roga que os plásticos se presenten limpos e atados e se respecten os horarios establecidos para cada lugar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email