Arzúa o destino verde de Galicia

Nova recollida de plásticos agrícolas polas parroquias

15 abril, 2015

Cartel Recollida Plásticos Agrícolas Xeral - Concello de Arzúa

Días 20, 21 e 22 de abril de 2015

O Concello de Arzúa comezará en breve a recollida de plásticos derivados da actividade agrícola polas parroquias.

O camión do Concello achegarase a todas as parroquias para facer a recollida, todos aqueles veciños que teñan plásticos e queiran desfacerse deles deben estar á hora indicada no lugar sinalado para cada parroquia. Os plásticos deben presentarse limpos e atados para facilitar os traballos de recollida.

O camión do concello pasará a recoller os plásticos nos días,horas e lugares que sinalaremos deseguido:

Luns, 20 de abril:

9:00 h – BOENTE, no tramo da carretera antiga en Boente de abaixo

9:30 h – FIGUEIROA, no Curro

10:00 h – A CASTAÑEDA, no campo da festa

10:30 h – VILANTIME, no campo da festa

11:30 h – MAROXO, no campo da festa

12:00 h – BRANDESO, no campo da festa

12:30 h – VIÑÓS, no campo da festa

13:00 h – TRONCEDA, xunto á escola

13:30 h – DOMBODÁN, no campo da festa

Martes, 21 de abril:

9:00 h – BRANZÁ, xunto á Igrexa

10:00 h – PANTIÑOBRE, ao carón da escola

11:30 h – LEMA, no campo da festa

12:00 h – RENDAL, no campo da festa

12:30 h – A MELLA, no campo da festa

13:30 h – VILADAVIL, xunto a pista polideportiva

Mércores, 22 de abril:

9:00 h – SANTA MARÍA, no cruce de Seixas

9:30 h – SANTO  ESTEVO, xunto á igrexa

11:00 h – SAN MARTIÑO, no campo da festa

12:30 h – OÍNS, no campo da festa

13:00 h – DODRO, xunto á igrexa

13:30 h – BURRES, ao carón da escola

Os veciños que queiran desfacerse dos plásticos procedentes da actividade agrícola deben estar ás horas sinaladas no lugar indicado para cada parroquia.

Dende o Concello solicítase colaboración por parte dos veciños, xa que do contrario non se podería levar a bo fin esta iniciativa; polo que se roga que os plásticos se presenten limpos e atados e se respecten os horarios establecidos para cada lugar.

 

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.