Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

LÍDERES DE FUTURO: PROGRAMA DE LIDERADO E INNOVACIÓN SOCIAL

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca a terceira edición de LÍDERES NO FUTURO, un programa de liderado en innovación social que ten como obxetivo desenvolver as competencias clave dos mozos e mozas participantes, así como facilitarlles as ferramentas conceptuais e prácticas necesarias, que lles permitan enfrontarse con éxito no futuro e os seus propios proxectos innovadores nos ámbitos profesional, académico ou social.

Así mesmo, esta actividade formativa pretende facilitar o contacto entre mozos e mozas líderes na nosa comunidade autónoma, constituíndo unha rede que favoreza a colaboración en proxectos de impaxcto social positivo entre entidades xuvenís e de acción voluntaria e mozos e mozas a título individual.

Destinatarios
Mozos e mozas residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade.

Lugar e datas de celebración
Albergue Xuvenil de Gandario. Bergondo. A Coruña
Os días 6,7 e 8 de abril, 4, 5 e 6 de maio, 8, 9 e 10 de xuño e 7, 8 e 9 de setembro.
De venres ás 18:00 horas ao domingo ás 17:00 horas.

A actividade inclúe manutención e aloxamento en habitación de uso múltiple. O/A participante deberá achegar os útiles de aseo persoal e unha toalla.
O transporte ata o lugar de realización da actividade correrá a cargo do/a interesado/a.

Criterios de selección
As prazas cubriranse por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir as 50 prazas disponibles.
Os/As seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da sua praza.

Prazo e forma para presentar a solicitude
Do 10 ó 31 de marzo de 2018, a través do formulario electrónica a disposición na páxina
www.xuventude.xunta.es

Máis información na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Arzúa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email