Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

II Feira do Libro (programación e expositores)

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que, con motivo da proximidade da segunda Feira do Libro, a organización xa ten pechada a relación de expositores participantes entre os que se atopan librarías, editoriais, deseño gráfico, postos de coleccionismo e particulares.
Na feira poderanse ver e mercar libros, vinilos, cd`s, xoguetes educativos e outros artigos novos, de ocasión, de segunda man ou descatalogados.
A ubicación da feira é na Rúa Cima do Lugar por onde transcorre o trazado do Camiño Francés, a carón do Albergue Municipal e da Capela da Madanela, espazo este último que tamén servirá como escenario de diferentes actividades. En caso de mal tempo, o mercado transladarase ao Multiusos Terra do Queixo.

PROGRAMACIÓN
11:00 – 14:00 / 17:00 – 20:00h.: Feira e Espazo infantil que contará con inchable, flocos de millo e agasallos.
18:00h.: Actuación de Paco Nogueiras e o seu último espectáculo Radio Bulebule dirixida ao público infantil e familiar. Trátase dunha función baseada no o novo libro-cd de Paco publicado por Kalandraka, con ilustracións de David Pintor e videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo.
O medio radiofónico inspira as doce pezas deste novo traballo no que as cancións dispóñense ao xeito da grella de programación dunha peculiar emisora na que non faltan sintonía de entrada, axenda cultural, magazine de variedades, faladoiro, noticias, información deportiva e ata previsión meteorolóxica.
20:00h.: Sorteo dun lote de libros que servirá como peche da feira. A organización facilitará aos expositores as rifas para entregar ao público co fin de participar en dito sorteo tan só por visitar e mercar na feira.

EXPOSITORES
La Pluma (libros, revistas coleccionables, comics…)

Valín Libros (libro antigo, descatalogado e de ocasión, DVD, vinilos…)

Cartafol (Libros, música, xoguetes educativos…)

Criscrascrus (libros de autoedición, contos infantís e libro para adultos)

Alejandro Longueira (libros de segunda man e xoguetes)

OZOCOgz deseño galego (papelería, xogos de mesa, libros e discos autoeditados e textil con deseño galego)

Equinocio Cultural (libros novos e usados, Cds, discos de vinilo, DVDs, clicks de Playmobil…)

Tenda Cultura (fondo bibliográfico infantil e xuvenil, de etnografía de Galicia, festas populares, guías…)

Alicia Fernández (escritora arzuá)

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email