Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Finalizan as obras de acondicionamento do vial de Branzá a Remesil en Arzúa

A actuación contou cunha partida de 79.621,57 euros

 

O goberno municipal de Arzúa, que encabeza o alcalde, José Luís García, destinou preto de 80.000 euros ao acondicionamento da pista que conduce dende o lugar de Branzá a Remesil, pasando por Follenza.

Finalizadas as obras a semana pasada, os veciños e veciñas do lugar xa poden transitar por un vial perfectamente preparado para o seu uso despois dunha importante intervención na que se procedeu á limpeza das gabias, o rebacheo e ao acondicionamento de toda a superficie cunha capa de aglomerado.

Foi a empresa Leonardo Miguélez a encargada de executar unha actuación que o goberno municipal incluíu no Plan de Obras e Servizos que promove a Deputación Provincial coa finalidade de atender unha das peticións máis prioritarias dos veciños da parroquia de Branzá e doutras colindantes dado o estado de deterioro que presentaba o vial, e que supuña un perigo para unha circulación segura polo mesmo.

O alcalde de Arzúa, José Luis García, explicaba esta mañá que o goberno municipal fixo un importante esforzo “ao ter que destinar unha partida financieira importante para esta actuación que beneficiará aos numerosos veciños que a diario circulan por esta estrada e que resultou unha petición unánime de todos os veciños e veciñas que asistiron ás reunións que celebramos en cada parroquia a finais do pasado ano”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email