Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Festival de Bandas «Concello de Arzúa»

Festival de Bandas "Concello de Arzúa"

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza, en colaboración coa Banda de Música de Arzúa, un Festival de Bandas para o sábado 15 de setembro.

O certame, que dende o Concello se quere impulsar dada a afección que a este tipo de agrupacións musicais hai na nosa comarca, contará coa actuación da Banda de Música Vila de Cedeira, Banda de Música Santiago de Arteixo e Banda de Música de Arzúa.

O recital dará comeza ás seis da tarde na Praza de Galiza ou, en caso de mal tempo, no Recinto Feiral «Terra do Queixo» (edificio multiusos).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email