Arzúa o destino verde de Galicia

Festa do Carme 2012

20 junio, 2012

 

A concelleira de Cultura, Natalia Pereira Rey, manifestou «o traballo e o esforzo que o Concello e o Departamento de Cultura en particular fixo para realizar este completo programa de actividades co fin de non deixar a toda unha vila sen as súas festas patronais», ademais declarouse moi satisfeita «por elaborar un cartel con tres días de festa mantendo o gasto previsto para o Concello, na mesma liña que en anos anteriores».

O alcalde, José Luís García López, quere agradecer o interese das distintas empresas e dos hostaleiros que colaboraron para enriquecer o programa festivo cun día máis e deséxalle a todos os veciños e visitantes unhas boas festas».

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.