Arzúa o destino verde de Galicia

Exposición ‘Traço a traço’ de Joana Costa, do 16 ao 26 de setembro na Biblioteca Municipal

14 septiembre, 2015

Exposición TRAÇO A TRAÇO Joana Costa 16-26 setembro - Concello de Arzúa

As ilustracións de Joana Costa enchen de arte a biblioteca municipal a partir deste mércores

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este mes unha exposición de ilustración na biblioteca municipal Rosalía de Castro. A mostra titulada ‘Traço a traço’ é un traballo da ilustradora portuguesa Joana Costa. Licenciada en Artes Plásticas na Facultade de Belas Artes de Porto está a desenvolver actualmente o seu proxecto de Doutorado en Ilustración e Animación en Barcelos.
Joana participou en varias exposicións artísticas individuais como ‘Tudo Isso’ na Facultade de Belas Artes de Porto e ‘Despacho’ na Biblioteca Almeida Garrett de Porto,ambas no 2012. A ilustradora formou parte de numerosas mostras colectivas entre as que destacan ‘Exposición de Fotografía e Artesanato’ en Vila Nova de Gaia no ano 2012 e ‘Call for cats’ na Escola Superior de Ciencias da Saúde na Universidade do Minho en Braga no 2015.
Ten participado,tamén, en diversos concursos presentando os traballos ‘Fast Forward’ para o festival de cine de Guimaraes no 2011 e ‘Sardinhas’ para as Festas de Lisboa 2015. Ademais, formou parte do concurso de carteis anunciadores da Festa do Queixo da Arzúa nas edicións do 2011 e 2013 na que acadou o cuarto premio por votación popular.
Finalmente, cabe salientar o seu papel como ilustadora do libro infantil ‘Gabriel, o galo cantor’, publicado recentemente.
Con este amplo curriculum a artista chega a Arzúa cunha exposición na que repasa varios dos seus traballos, diferenciados por temáticas como ilustracións do conto de Eça de Queiroz ou ilustracións musicais.
A mostra permanecerá aberta ao público na Biblioteca Municipal entre os días 16 ao 26 de setembro. O horario de apertura será, polas mañás, das 10:00 ás 13:00 horas e polas tardes, das 16:00 ás 20:00 horas, de luns a venres. Os veciños e veciñas de Arzúa tamén terán a oportunidade de visitala os sábados, entre as 10:00 ás 13:00 horas.

Máis información sobre a autora:

https://www.behance.net/joana_alves_costa

https://www.facebook.com/pages/Joana-Costa/1490967187837491?ref=bookmarks

 

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.