Arzúa o destino verde de Galicia

Exposición colectiva de artistas locais: fin prazo e artista convidado

20 mayo, 2015

bases policia local 2015

A N U N C I O LISTA PROVISIONAL (PUBLICADA PAG. WEB 8/04/2015)

lista definitiva  (publicada pag. web 24/04/2015)

na cal se indica tamén o día e hora en que tera lugar a 2º proba (publicada pag. web 30/04/2015)

na cal se indica tamén o día e hora da 3ª proba (publicada pax. web 5/5/2015).

Respostas correctas da segunda proba (publicada pax. web 5/5/2015).

ACTA terceiro exercicio (publicada pax. web 8/5/2015)

Acta cuarto exercicio e último (publicada pax. web 8/5/2015)
JOSE VESES0190 13

A exposición colectiva de artistas locais de Arzúa contará co fotógrafo José Veses como artista convidado

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa cos preparativos da nova edición da Exposición colectiva de artistas locais que se levará a cabo na Capela da Madanela entre os días 12 e 21 do próximo mes de xuño. A inauguración está prevista para as 20.30 horas do venres, día 12, cunha actuación de música en directo.

Ao igual ca na edición anterior, contarase coa presenza dun artista convidado de fóra para lograr unha maior promoción desta mostra máis alá do noso municipio e bisbarra. Este ano o protagonista será o fotógrafo José Veses. Caracterízase por traballar coa luz como ferramenta principal de expresión. En 1998 crea o estudo Jan Parranda como plataforma profesional, desenvolvendo traballos fotográficos, deseños de iluminación de espectáculos e espazos, creación de centros de arte e finalmente, unha escola itinerante cun método persoal, converténdose nun referente como profesor de fotografía, iluminación e dirección de personaxes. As obras que presentará o artista dividiranse en tres bloques: Interacción, En femenino e Ellas.

Para facer partícipes aos veciños e veciñas do municipio que se adiquen a algunha disciplina artística, de xeito afeccionado ou profesional, como a pintura, debuxo, deseño gráfico, fotografía ou artesanía, convídase a participar nesta exposición colectiva cun mínimo dunha obra e un máximo de cinco a calquera persoa que o desexe.

Para isto, cómpre reservar espazo no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa antes deste venres, 22 de maio. Tamén se pode chamar ao teléfono 981 500 222 para recibir máis información e aclarar calquera dúbida que poida xurdir. O espazo expositivo é limitado e irase cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

Descargar FICHA DE INSCRICIÓN DO/A ARTISTA

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.