Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Exposición colectiva de artistas locais 2015

20140606_202043

<span style=»line-height: 115%;font-family: ‘Arial’, ‘sans-serif’;font-size: 12pt»>O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa pon en marcha unha nova edición da Exposición Colectiva de artistas locais que se levará a cabo no mes de xuño na Capela da Madanela.

<span style=»line-height: 115%;font-family: ‘Arial’,’sans-serif’;font-size: 12pt»>A mostra terá lugar entre os días 12 e 21 de xuño (ambos incluídos), estando prevista a inauguración o venres, día 12, ás 20.30 horas cunha actuación musical en directo.

Ademais, como na edición anterior, contaremos coa presenza dun artista convidado de fóra para lograr unha maior promoción desta mostra máis alá do noso municipio e bisbarra.

Para facer partícipes aos veciños e veciñas do municipio que se adiquen a algunha disciplina artística, de xeito afeccionado ou profesional, como á pintura, debuxo, deseño gráfico, fotografía ou artesanía, convídase a participar nesta exposición colectiva cun mínimo dunha obra e un máximo de cinco a calquera persoa que o desexe.

Para isto, cómpre reservar espazo no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa antes do 22 de maio achegándose persoalmente ou chamando ao teléfono 981 500 222 para recibir máis información e aclarar calquera dúbida que poida xurdir. O espazo expositivo é limitado e irase cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

O alcalde de Arzúa, José Luis García, convida a todos os artistas locais a “aproveitar esta boa oportunidade para amosar o mellor dos seus traballos nun espazo único que será visitado por numeroso público”.

Descargar FICHA DE INSCRICIÓN DO/A ARTISTA

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email