Arzúa o destino verde de Galicia

Exposición “Coa semántica na arte” de Seijas. Do 20 ao 30 de xullo na Capela da Madanela

19 julio, 2018

A Capela da Madanela acolle a exposición Coa semántica na arte

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que mañá, venres 20 de xullo, ás 19:00 horas terá lugar na Capela da Madanela en Arzúa, a inauguración da exposición Coa semántica na Arte de Seijas. Esta exposición organizada dentro da programación municipal de verán, poderá visitarse ata o 30 de xullo na Capela da Madanela. Trátase dunha colección de pinturas e esculturas do artista Faustino Seijas.
Este artista, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona, está especializado na abstracción con técnicas mixtas e formatos medios e grandes. A súa obra é moderna, conceptual e de forte contido semántico. Durante anos compaxinou a sua labor docente coa traxectoria artística, presentándose a súa obra recentemente na Casa Museo María Pita e no Clun financieiro da Coruña.

Last modified: 19 julio, 2018

Comments are closed.