Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Exposición «Bo Camiño» do 1 ao 31 de agosto

Exposición "Bo Camiño" do 1 ao 31 de agosto

  • O martes 1 de agosto ás 19:00 horas terá lugar na Capela da Madanela de Arzúa a inauguración da exposición titulada “Bo Camiño”.

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa en colaboración con Sumarte, organiza para o mes de agosto a mostra colectiva e multidisciplinar “Bo Camiño” que estará exposta na Capela da Madanlela. Atendendo á propia historia do espazo expositivo, emprazado nun lugar emblemático do Camiño de Santiago ao seu paso por Arzúa,  organízase unha exposición de artistas galegos na que o fío condutor, a idea e a inspiración son o Camiño de Santiago. Cada un dos artistas participantes  elixe unha obra da súa traxectoria na que para eles está representado o concepto ou o espíritu deste itinerario cultural europeo.  Na mostra, cada obra irá acompañada dun texto persoal de cada artista sobre a súa percepción sobre o Camiño, co que se pretende invitar ao visitante á reflexión.

A exposición permanecerá aberta do 1 ao 31 de agosto en horario de sete a nove da tarde de martes a venres e a inauguración terá lugar o primeiro día de apertura, o martes 1, ás sete da tarde e na que se convidará ao público asistente a un viño.

Nesta mostra colectiva participarán artistas como Jorge Agra, Óscar Aldonza, Isabel Alonso ou Camilo Seira e tamén haberá representación local da man de Rebeca Novo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email