Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Exposición «Bo Camiño». Do 1 ao 31 de agosto de 2018

Exposición "Bo Camiño". Do 1 ao 31 de agosto de 2018

Arzúa acollerá por segundo ano unha exposición colectiva sobre o Camiño de Santiago.

O mércores 1 de agosto ás 19:00 horas terá lugar na Capela da Madanela de Arzúa a inauguración da mostra titulada “Bo Camiño”.

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa en colaboración con Sumarte, organiza para o mes de agosto a mostra colectiva e multidisciplinar “Bo Camiño” que estará exposta na Capela da Madanlela. Atendendo á propia historia do espazo expositivo, emprazado nun lugar emblemático do Camiño de Santiago ao seu paso por Arzúa, organízase unha exposición de artistas galegos na que o fío condutor, a idea e a inspiración son o Camiño de Santiago. Cada un dos artistas participantes elixe unha obra da súa traxectoria na que para eles está representado o concepto ou o espíritu deste itinerario cultural europeo. Na mostra, cada obra irá acompañada dun texto persoal de cada artista sobre a súa percepción sobre o Camiño, co que se pretende invitar ao visitante á reflexión.

A exposición permanecerá aberta do 1 ao 31 de agosto en horario de sete e media a nove e media da tarde de martes a venres e a inauguración terá lugar o primeiro día de apertura, o mércores 1, ás sete da tarde e na que se convidará ao público asistente a un viño en colaboración con ALBERTERIBEIRO e a un petico de queixo DO Arzúa-Ulloa.

Nesta segunda edición, e despois da grande acollida e do enorme éxito de participación do ano pasado, podremos achegarnos ao Camiño de Santiago a través da obra pop de Jorge Agra, os tellados de Compostela de Abel Barandela, a peregrina descansando de Violeta Bernardo, os peregrinos de Tino Canicoba, Luis de las Cuevas, Antonio Souto, Tesedeiro e Laureano Vidal, a peregrina de Novais, as botas do caminante de Lomarti, a chegada o Obradoiro de Miguel Anxo Macia, a obra de Fernando Pereira, a praza de Platerias de Peña Romay, a poesía de Rebeca Novo e Baldo Ramos, entre outras obras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email