Arzúa o destino verde de Galicia

Exposición Bo Camiño 2019

2 agosto, 2019

O martes 6 de agosto ás 19:30 horas terá lugar na Capela da Madanela de Arzúa a inauguración da mostra titulada “Bo Camiño”.

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa en colaboración con Sumarte, organiza para o mes de agosto a mostra colectiva e multidisciplinar “Bo Camiño” que estará exposta na Capela da Madanlela. Atendendo á propia historia do espazo expositivo, emprazado nun lugar emblemático do Camiño de Santiago ao seu paso por Arzúa, organízase unha exposición de artistas galegos na que o fío condutor, a idea e a inspiración son o Camiño de Santiago. Cada un dos artistas participantes elixe unha obra da súa traxectoria na que para eles está representado o concepto ou o espíritu deste itinerario cultural europeo. Na mostra, cada obra irá acompañada dun texto persoal de cada artista sobre a súa percepción sobre o Camiño, co que se pretende invitar ao visitante á reflexión.

A exposición permanecerá aberta do 6 ao 31 de agosto en horario de sete e a nove da tarde de martes a venres e a inauguración terá lugar o primeiro día de apertura, o martes 6, ás sete e media da tarde e na que se convidará ao público asistente a un viño en colaboración con ALBERTERIBEIRO e a un petisco de queixo DO Arzúa-Ulloa.

Nesta terceira edición, e despois da grande acollida e do enorme éxito de participación nos dous anos anteriores, podremos achegarnos ao Camiño de Santiago a través da obra escultórica Oscar Aldonza, a paisaxe de Isabel Alonso e Laureano Vidal , a representación da catedral na pintura ao viño de Abel Barandela, as esculturas de Violeta Bernardo e Margot Garcia Liñeira, a representación do peregrino de Tino Canicoba, a chegada os peregrinos ao Obradoiro de Miguel Anxo Macía, a obra onírica de Rebeca Novo e a fotografía de Jesús Montero, entre outras obras.

Last modified: 2 agosto, 2019

Comments are closed.