Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Éxito dos programas de compostaxe

35 familias de Arzúa adhírense ao programa de compostaxe doméstica impulsado polo goberno municipal

O Concello de Arzúa leva dende o ano 2007 impulsando un programa de compostaxe doméstica en colaboración con Amigos da Terra. O proxecto vén de retomarse de novo coa entrega de 35 novos composteiros a outras tantas familias do municipio, que recibiron unha pequena formación para o uso do composteiro e as súas utilidades da man dun experto de dita asociación.
charla composteiros É a quinta vez que o goberno municipal do BNG retoma este importante proxecto de aposta pola reciclaxe e o coidado do medio ambiente, que en Arzúa xa conta con máis de 150 familias adscritas, ademais dunha asocación e dous centros escolares.

As persoas que adquiriron algún destes composteiros para a reciclaxe dos residuos orgánicos domésticos logrará un doble beneficio, por unha parte unha importante contribución á reducción do lixo que se xera no fogar e que neste caso se convertirá nun bo abono ecolóxico para a horta ou o xardín e por outra parte, unha bonificación dun 20% no recibo do lixo que deberá solicitar no Concello para que se lle faga efectiva.

A compostaxe, unha solución eficaz para reducir os nosos residuos

Cada galego deita no lixo máis de un quilogramo de restos por día, facendo contas un galego xera como media uns 400 quilogramos o ano; vendo os últimos datos de poboación podemos chegar a cifra de que en Galicia xéranse un millón duascentas mil toneladas de residuos.¹

Analizando a bolsa do lixo a súa composición ven sendo nun 42% materia orgánica que pode ser aproveitada. ¿Cómo podemos facer isto? Coa compostaxe.

A compostaxe consiste na biodegradación de materia orgánica (restos de comida, poda, herba) en presenza de osíxeno por parte de organismos descompoñedores (bacterias e fungos). Este proceso que se leva a cabo de xeito natural no chan das carballeiras, por exemplo, nós podémolo facer nun espazo controlado, o composteiro.

O material resultante tras uns cinco ou seis meses é o compost: un abono natural, estable, de olor agradable, con múltiples propiedades beneficiosas para os solos e as plantas.²

Dende Amigos da Terra faise unha aposta clara pola compostaxe como un método para reducir a cantidade de materia orgánica que se tira na bolsa do lixo. Dende o ano 2007 Arzúa vén sendo un exemplo do interese que esta actividade esperta entre a poboación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email