Arzúa o destino verde de Galicia

Estrea da curtametraxe ‘Cruces 2’, este sábado en Arzúa

19 noviembre, 2013

Estrea Cruces 2 - 23novembro - Concello de Arzúa

Arzúa, escenario da estrea da curtametraxe Cruces 2

Rodada no municipio e protagonizada por veciños e veciñas da vila

 A Capela da Madanela  será escenario esta sábado, 23 de novembro, da estrea da curtametraxe Cruces 2, segundo informou esta mañá o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa. O feito de que a producción cinematográfica estea ambientada en diversos lugares do noso concello foi clave para que o  director do curto, José Cadaveira, se decantase por Arzúa para a estrea da curtametraxe, que conta ademais coa colaboración especial de varios dos nosos veciños.

O acto comezará ás oito do serán coa proxección da primeira parte desta curtametraxe á que lle seguirá a estrea de Cruces 2 na que participaron varios arzúans: Víctor Carreira forma parte do reparto xunto con Mirta Sueiro e Chus Álvarez; Diego Fiuza é o compositor da música orixinal e en tarefas de produción traballaron Manuel Penas Coego e Javier Penas Vázquez.

Despois da proxeción terá lugar un coloquio entre o público asistente, os actores e o equipo técnico; contarase, ademais, coa música en directo de Diego Fiuza e a súa banda.

A carballeira da Mota, o Camiño Fracés ao seu paso polo casco urbano de Arzúa e a Fervenza das Hortas foron escenarios empregados para a grabación xunto coa parroquia de Baltar en Melide e a cidade de Santiago de Compostela.

A cita rematará cuns pinchos que se ofrecerán  a todos os asistentes.

O Alcalde de Arzúa, José Luís García, quixo amosar a súa satisfación polo feito de que “Arzúa sexa escenario de producións audiovisuais  e cinematográficas e pola implicación dos nosos veciños e veciñas en proxetos desta índole”, así mesmo confirmou a súa asistencia o vindeiro sábado á estrea da curtametraxe, que se proxectará unha segunda vez na Casa Tomada da Coruña, o vindeiro 6 de decembro.

Last modified: 24 diciembre, 2018

Comments are closed.