Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

ESTE XOVES REMATA O PRAZO PARA ANOTARSE NO CONCURSO DO ENTROIDO

ESTE XOVES REMATA O PRAZO PARA ANOTARSE NO CONCURSO DO ENTROIDO

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa avisa a todos os interesados e interesadas que este xoves día 16 de febreiro remata o prazo para inscribirse no Concurso de Carrozas, Comparsas e Disfrace infantil que se celebrará o domingo día 19 de febreiro a partires das cinco da tarde na vila de Arzúa. O certame repartirá entre os gañadores dous mil euros en premios, tres por modalidade.

Recordamos unha vez máis que os participantes no concurso de disfrace infantil deberanse anotar ese mesmo día de catro a cinco da tarde no Recinto Feiral Terra do Queixo e os grupos de carrozas e comparsas ata o próximo xoves ás tres da tarde no Departamento de Cultura situado no Edificio María Mariño, rúa Pai Pardo nº 33 – 1º andar ou no número de teléfono 981 500 222.

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa anima a todos os veciños e veciñas a participar nesta celebración tan popular para encher Arzúa de risas, bailes e ledicia tan característica da festa do Entroido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email