Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Este venres péchase o ciclo de cine “Libros de película” coa proxección de Charlie y la fábrica de chocolate

Este venres péchase o ciclo de cine “Libros de película” coa proxección de Charlie y la fábrica de chocolate

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa leva desenvolvendo  durante tres venres de abril o ciclo de cine Libros de película para celebrar o mes por excelencia do libro e da lectura.

As proxeccións que se están desenvolvendo ás sete e media da tarde no telecentro de Arzúa son de películas inspiradas en obras literarias.

El niño con el pijama de rayas foi o filme escollido para abrir o ciclo e a este seguiulle El Código da Vinci e xa para rematar o certame, este venres día 26 de abril proxectarase a película Charlie y la fábrica de chocolate ás 19:30h.

Ao final da proxección haberá reparto de agasallos entre todos os asistentes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email