Arzúa o destino verde de Galicia

Entroido 2019: Desfile e Concurso de Disfraces

25 enero, 2019

O Concello de Arzúa anuncia a proximidade do Entroido coa convocatoria do concurso de disfraces.

Con motivo do Entroido 2019 o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza un desfile para o domingo 24 de febreiro ás 17:00 horas no Multiusos Terra do Queixo de Arzúa. Para fomentar a participación convócase o concurso con máis de dous mil euros en premios para repartir entre catro modalidades.
Dado o éxito desta convocatoria nos últimos anos, o Concello mantén as modalidades do certame continuando da seguinte maneira:
– Comparsas: Considéranse comparsas un conxunto de persoas formado por un mínimo de 9 compoñentes representando un mesmo motivo. Os premios nesta categoría ascenden a 550, 300 e 150 euros.
– Grupos: Considéranse grupos un conxunto de persoas de entre 2 e 8 compoñentes representando un mesmo motivo. Os tres primeiros clasificados neste apartado levaranse 300, 200 e 120 euros.
– Individual infantil: nesta modalidade poderán participar nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e 16 anos.
– Individual adulto: para persoas de 17 anos en diante.
Os premios nas dúas categorías individuais son de 100, 60 e 40 euros para os primeiros, segundos e terceiros postos, respectivamente de cada modalidade.
Este ano tamén se manten o premio chamado “Simpatía” dotado de 100 euros dirixido a unha comparsa ou grupo do municipio que non acade ningún dos premios anteriores co fin de apoiar a participación local.
As comparasas e grupos poderán optativamente presentarse apoiados dun móbil (carro, tractor, remolque…). A altura máxima será de 3 metros. A mesma persoa non poderá participar en máis dunha categoría
Para participar no concurso hai que inscribirse previamente no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando ao 981500222 ata o 22 de febreiro, en horario de 8:30 a 14:30h. Tamén se poderá facer no Multiusos Terra do Queixo o mesmo día do concurso de 15:30 a 16:30 horas, como mínimo media hora antes de comezar o desfile. Poden solicitar máis información ou consultar as bases que rexen o concurso no Departamento de Cultura chamando ao 981 500 222 ou escribindo a cultura@concellodearzua.com

Dende o Departamento de Cultura anuncian que nos próximos días darase a coñecer a programación completa.

Last modified: 25 enero, 2019

Comments are closed.