Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

ENTROIDO 2012: CONCURSO DE CARROZAS, COMPARSAS E DISFRACE INFANTIL

ENTROIDO 2012

  ENTROIDO 2012: CONCURSO DE CARROZAS, COMPARSAS E DISFRACE INFANTIL

BASES CONCUSO DE CARROZAS, COMPARSAS E DISFRACE INFANTIL

Co gallo do Entroido 2012 o Concello de Arzúa organiza un desfile o domingo 19 de febreiro ás 17:00h no Recinto Feiral «Terra do Queixo» de Arzúa. Para fomentar a participación convócase un ano máis o tradicional concurso de carrozas, comparsas e disfrace infantil de acordo coas seguintes bases:

 

PRIMEIRA: O obxecto do concurso é celebrar esta festa tradicional e popular, fomentar a participación dos veciños e veciñas e recuperar e preservar a nosa cultura.

 

SEGUNDA: Para participar no concurso é obrigatorio inscribirse previamente no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa (Rúa Padre Pardo, 33 – 1º andar), en horario de 8:30 a 15:00h ou chamando ao 981.500.222; agás os participantes da modalidade de disfrace infantil que non é necesaria a súa inscrición xa que se fará o mesmo día media hora antes de comezar o desfile.

MODALIDADES:

Carroza: Considéranse carrozas un grupo mínimo de 4 persoas representando algún tema enriba dun móbil (carro, tractor, motocultor…) decorado con motivos do entroido no que todos os compoñentes (agás o condutor) permanezan enriba del.

Comparsas: Considéranse comparsas un grupo formado por un mínimo de 6 persoas representando un mesmo motivo.

Disfrace infantil: nesta modalidade poderán participar nenos e nenas en idades comprendidas entre os 0-16 anos e é de carácter individual.

Xunto coas solicitudes de inscrición, deberán achegar un breve comentario dos traballos que se presentan a concurso, facendo constar tamén o número de acompañantes e o lema para a súa identificación. O día do desfile, o lema deberá ir en cartel ou bandoleira situado nun lugar destacado e visible.

TERCEIRA: Os premios establecidos polo Departamento de Cultura son:

CARROZA:

1º premio: 550 euros

2º premio: 300 euros

3º premio: 150 euros

COMPARSA:

1º premio: 300 euros

2º premio: 250 euros

3º premio: 150 euros

DISFRACE INFANTIL:

1º premio: 150 euros.

2º premio: 100 euros.

3º premo: 50 euros.

CUARTA: O prazo para inscribirse no concurso finalizará o xoves 16 de febreiro de 2012 ás 15:00.

 

QUINTA: A cualificación das carrozas, comparsas e disfraces infantís será determinada polo xurado do concurso que estará composto por catro representantes nomeados polo Departamento de Cultura do Concello de Arzúa.

 

SEXTA: Durante o desenvolvemento do desfile, o xurado valorará:

Carrozas:

Carroza, vestiaro e maquillaxe 0 a 4 puntos
Emprego de materiais de refugallo 0 a 2 puntos

Orixinalidade 0 a 3 puntos

Coreografía e múica 0 a 3 puntos

Organización e efecto do conxunto 0 a 3 puntos

Simpatía (involucrar ao público) 0 a 5 puntos

 

Comparsa:

Vestiario e maquillaxe 0 a 4 puntos

Emprego de materiais de refugallo 0 a 2 puntos

Orixinalidade 0 a 3 puntos

Coreografía e múica 0 a 3 puntos

Organización e efecto do conxunto 0 a 3 puntos

Simpatía (involucrar ao público) 0 a 5 puntos

 

Disfrace Individual:

Orixinalidade do vestiario 0 a 4 puntos

Feito a man 0 a 2 puntos

Maquillaxe 0 a 2 puntos

Emprego de materiais de refugallo 0 a 2 puntos

SÉTIMA: A entrega de premios terá lugar o mesmo día de celebración do concurso, unha vez feita a avaliación polo Xurado.

 

OITAVA: Os grupos e persoas participantes deberán presentarse no Recinto Feiral «Terra do Queixo» media hora antes da saída.

 

NOVENA: A orde de saída no desfile será coincidindo coa orde de inscrición nas diferentes modalidades.

 

DÉCIMA: A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sendo a decisión do xurado inapelable.

Os presentes premios serán outorgados con cargo á partida orzamentaria 331.480.02 do vixente orzamento, ata o límite de 2.000 euros.

O primeiro premio de carrozas levará consigo a retención en concepto de IRPF, que resulte da aplicación segundo as normas contidas na normativa reguladora do imposto.

 

En Arzúa, 16 de xaneiro de 2011

Natalia Pereira Rey

Concelleira de Cultura

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email