Arzúa o destino verde de Galicia

BlogOMIX

Encontro xuvenil «CREA INTERIOR»

10 abril, 2012

Aberto o prazo de inscrición para o encontro xuvenil «Crea interior» de Vila de Cruces, no que poderán participar ata 250 persoas.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración co Concello de Vila de Cruces organiza esta mostra o próximo 14 de abril.

Esta iniciativa enmárcase no proxecto transfronterizo Emprende e conta coa colaboración de diferentes entidades tanto galegas como portuguesas.

Durante o encontro, os participantes e os poñentes compartirán experiencias e a súa visión da situación actual da mocidade en vilas e concellos pequenos.

As ponencias complementaranse con diversas actividades paralelas durante todo a xornada.

Toda a información sobre este evento na páxina web: xuventude.xunta.es

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.