Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Día do Comercio Local 2017

Día do Comercio Local 2017

O Concello de Arzúa promocionará o comercio local cunha xornada chea de actividades dinamizadoras.

O Concello de Arzúa organiza o quinto Día do Comcercio Local o vindeiro venres, oito de decembro.
Con esta cita preténdese continuar co proxecto posto en marcha hai catro anos coa finalidade de promocionar o comercio e a hostalaría do municipio.
Aproveitando a proximidade da campaña de Nadal e a feira quincenal, organizarase unha xornada con actividades, promocións e animación de rúa.
Para poder deseñar unha proposta atractiva para o público en xeral, o Concello pide a colaboración, por un lado, do comercio para que ese día ofrezan descontos, vales de merca, agasallos ou outras promocións.
E, por outro lado, animan aos locais hostaleiros a que se involucren nunha ruta de tapas para promocionar a gastronomía e os produtos de calidade da zona, así como, ao mesmo tempo, os nosos restaurantes, bares e cafeterías.
Como nas anteriores edicións, dende o Concello de Arzúa difundirase o evento, programaranse actividades complementarias e elaboraranse programas de man e cartelería con toda a información das actividadades e das propostas que os locais comerciais e hostaleiros vaian definindo.
Os empresarios e empresarias interesados en participar deberanse anotar no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando ao teléfono 981 500 222 entre o 23 de outubro e o 8 de novembro. A inscrición é gratuíta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email