Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Día do Comercio Local 2016: Prazo de inscrición de locais comerciais e hostaleiros

cartel-programacion-cemit-out-a-dec

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para dez novos cursos de novas tecnoloxías de diversas temáticas : Tres obradoiros para aprender a usar o smartphone ,dous cursos de iniciación á informática e a internet enfocados a asistentes sen coñecementos previos ou moi básicos, un curso de mecanografía, un curso de correo electrónico, un curso de creación e edición de blogs, un curso de edición de imaxes e retoque fotográfico empregando o programa de software libre GIMP e un curso de iniciación ás redes sociais enfocado ao twitter .

A oferta formativa da aula CeMIT para este ano complétase coa oferta de cursos de iniciación ás novas tecnoloxías para rapaces e rapazas de primaria, charlas emitidas por videoconferencia desde o Instituto galego de consumo ou o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia e a realización de exames para a certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX) .

Para inscribirse ou máis información poden chamar ao 981 500 447, pasar pola aula CeMIT , Rúa de Lugo s/n, en horario de luns a xoves de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 e o venres de 11:00 a 14:00 ou escribir un correo a cemit.arzua@xunta.gal .

A Rede CeMIT está integrada por 92 aulas espalladas por toda Galicia e está caracterizada por impartir actividades formativas no eido da alfabetización dixital e do emprendemento . Máis información no enderezo http://cemit.xunta.gal

dia-do-comercio-local-2015-3

O Concello de Arzúa promocionará o comercio local cunha xornada chea de actividades dinamizadoras

O oito de decembro de 2016 o  Concello de Arzúa organizará,por cuarto ano consecutivo,o Día do Comercio Local. O goberno local daralle así continuidade a unha iniciativa que busca promocionar o comercio e a hostalaría do municipio

Aproveitando a proximidade da campaña de Nadal e a feira quincenal,organizarase unha xornada con actividades, promocións e animación de rúa.

Para poder deseñar unha proposta atractiva para o público en xeral, o Concello solicita a colaboración do comercio para que ese día ofrezan descontos, vales de merca, agasallos ou outras promocións.

Do mesmo xeito, animan aos locais hostaleiros a que se involucren nunha ruta de tapas para promocionar a gastronomía e os produtos de calidade da zona; un convite que tamén se extende aos nosos restaurantes, bares e cafeterías.

Ao igual que se fixo nas  anteriores edicións, dende o Concello de Arzúa difundirase o evento, programaranse actividades complementarias e elaboraranse programas de man e cartelería con toda a información das actividadades e das propostas que os locais comerciais e hostaleiros vaian definindo.

  • Os empresarios e empresarias interesados en participar deberanse anotar no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando ao teléfono 981 500 222 entre o 25 de outubro e o 10 de novembro. A inscrición é gratuíta.

O alcalde de Arzúa, José Luís García, anima á participación neste encontro “que poñemos en marcha de novo coa ilusión de que sexa un aliciente máis para a dinamización e promoción do noso comercio e que precisa da implicación e colaboración de todos”. O rexedor tamén aproveitou a ocasión para adiantar que “contaremos con importante novidades que farán as delicias de todos os públicos».

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email