Día do Apicultor 2014
Organizado polo Asociación Galega de Apicultura para este sábado 8 de febreiro de 2014 no Centro de Divulgación do Queixo e do Mel – Arzúa.
EMPRENDIMENTO, INNOVACIÓN E DIVERSIFICACIÓN
Este ano haberá moitas novidades no Día do Apicultor, no formato e nos contidos. Obradoiros e charlas mais dinámicos e participativos, adicados á diversificación e innovación apícola: o aproveitamento da apitoxina, a produción de pole e própole e a obtención de mel en seccións. Tamén daremos información importante sobre o control da Vespa Velutina.
Presentaremos novidades en material apícola: fondos de rede mais completos e duradeiros, prácticos cazapole ou estampadoras de cera. Contaremos cos produtos de Macmel, a cera de Apícola Carballal e Angel Romero e outras novidades.
Obxectivos:
Promocionar o emprendimento, a innovación e a diversificación, entre os asociados/as de AGA.
Tamén daremos a coñecer a nosa proposta para o control da vespa velutina que xa está colonizando unha boa parte do noso territorio.
Terá lugar a Asemblea Xeral de AGA, como todos os anos coincidindo con este evento. Ademais, o persoal de AGA estará a disposición dos socios e socias durante todo o día para os trámites habituais: pago de cuotas, seguros apícolas, entrega das fotocopias para o Plan Apícola, etc.
PROGRAMA
OBRADOIROS De 11 a 13 h.
1.- Apicosmetic: Aproveitamento do veleno das abellas, apitoxina.
Aula Centro do Queixo e do Mel
2.- Irurtzun: Equipos para a obtención de mel en sección e outras novidades.
Nave de Erica Mel.
3.- José Fernandez: Colleita de pole e própole.
Biblioteca do Centro do Queixo e do Mel (BAGA)
4.- Gonzalo Calvo: Vespa Velutina. Trampas para a captura de vespas velutinas.
Nave de Erica Mel.
Formaremos grupos de máximo 50 persoas, que irán rotando por cada obradoiro. Cada sesión durará 30 minutos. O grupo APIE encargarase de organizar aos asistentes.
FEIRA DE PRODUTOS E EQUIPOS PARA APICULTOR@S De 11 h. a 18 h.
Feira de diversos produtos e equipos para os apicultores/as, trampas para a captura de V. velutina. Contaremos coa presenza de Macmel e as empresas da cera, Irurtzun…
ASEMBLEA XERAL DE AGA Ás 13 horas
Orde do día:
1.- Lectura e aprobación da acta anterior, se procede
2.- Relatorio de actividades e contas do ano 2013
3.- Eleccións para a nova directiva de AGA
4.- Programa e presuposto para o ano 2014
5.- Rogos e preguntas
Ás 18 h.: Peche das instalacións