Arzúa o destino verde de Galicia

DÍA DO APICULTOR 2019

5 febrero, 2019

DÍA DO APICULTOR 2019
9 de febreiro en Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que a Asociación Galega de Apicultura AGA organiza o vindeiro 9 de febreiro en Arzúa o Día do Apicultor, unha xornada sobre o mundo da apicultura aberta a todas as persoas interesadas.

Inclúe palestras: alimentación das colmeas, a cargo de Antonio Gómez Pajuelo e Suso Asorey, a loita contra a Vespa velutina, coa presentación de investigacións e experiencias e as accións Plataformas Stop Velutina, novos tratamentos contra a varroa e a presentación do laboratorio de meles de AGA.

Tamén haberá unha exposición sobre “Sanidade apícola” con mesas informativas sobre sanidade e Vespa velutina, exposición e venda de arpas eléctricas, laboratorios e outras novidades. Outra exposición “O mundo do queixo e do mel”, unha mostra de diferentes tipos de queixos e produtos das abellas, con degustación e venda dos mesmos. Ademais, como tódolos anos teremos a feira de material apícola, actividades para crianzas e xantar abelleiro.

Last modified: 5 febrero, 2019

Comments are closed.