Arzúa o destino verde de Galicia

Deportes: 1º Raid de aventura «Destino Verde» en Arzúa

20 agosto, 2012

O vindeiro 29 de setembro, organizado pola Asociación de Bombeiros da Coruña e en colaboración co Concello de Arzúa, terá lugar no noso concelo o primeiro raid de aventura «Destino Verde», proba valedeira para a oitava liga galega de raids de aventura. Este tipo de probas consisten basicamente na orientación ao longo dun territorio.

A proba desputarase en dúas modalidades: élite e aventura. Na categoría de élite desputarana tres corredores sen relevo e en aventura, dous corredores máis un relevo-asistencia.

A xente interesada en inscribirse ou simplemente recibir máis información poden poñerse en contacto co Departamento de Deportes do Concello de Arzúa ou nos teléfonos:

627 496 679 (Marcos)

696 868 599 (Quito)

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.