Arzúa o destino verde de Galicia

CURSOS «CELGA» 2012 EN ARZÚA

13 enero, 2012

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que se abriu o prazo para a solicitude de realización de cursos preparatorios no 2012 para a obtención dos CELGA.

Para obter un certificado do CELGA hai que superar un exame de nivel que se realiza por parte de técnicos-avaliadores da Xunta de Galicia.

No Concello de Arzúa realizarase un curso preparatorio para asistir ao exame do CELGA sempre e cando se anoten un mínimo de 20 persoas no prazo de preinscrición.

O curso ten unha duración de 70 horas e é totalmente gratuíto. O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de xaneiro.

Todas aquelas persoas interesadas en asistir ao curso preparatorio do exame do CELGA deben anotarse no Concello chamando 981.500.222 ou ben achegándose persoalmente ao Departamento de Cultura sito no Edificio sociocultural María Mariño nº 33, 1º andar (ao carón de Radio Arzúa).

A convocatoria pola que se regulan estes cursos foi publicada no DOG do 9 de xaneiro de 2012.

Para máis información poden dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Arzúa.

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.