Arzúa o destino verde de Galicia

CURSO REPRODUCIÓN E CRÍA DE RAÍÑAS EN ARZUA

7 junio, 2019

Datas: 25 e 28 de xuño, 9 e 11 de xullo
Horario: De 19 a 20.30 h.
Lugar: Enredo do Abelleiro – Arzúa

AGA e o Enredo do Abelleiro organizan este curso teórico-práctico sobre reprodución e cría de raíñas, que será impartido polo veterinario de AGA Gonzalo Calvo.
Vai dirixido só para socios e socias de AGA, máximo 15 prazas (por orde de inscrición) e ten un custe de 50 €.
Para inscribirse hai que enviar a ficha de inscrición xunto co xustificante de pago a AGA, antes do día 21 de xuño.

Programa:

Día 1: 25 de xuño

Orfanización da colmea e familiarización das cúpulas

Día 2: 28 de xuño

Recollida de xelea real e larvas e realización do traslarve

Día 3: 9 de xullo

Orfanización e preparación dos núcleos

Día 4: 11 de xullo

Nacemento e recollida das raíñas. Introducción nos núcleos e conservación das raíñas.

Last modified: 7 junio, 2019

Comments are closed.