Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Curso ‘Orientados para o emprego’

Cartel CURSO ORIENTADOS PARA O EMPREGO Concello de Arzúa

O Concello de Arzúa promove un curso gratuíto para a procura de emprego

Dirixido as persoas desempregadas do municipio terá lugar a comezos do mes de decembro

Dada a escasez de emprego na actualidade, a busca de traballo non é unha tarefa doada, cada vez existen máis intermediarios  no mercado laboral e as empresas solicitan perfiles moi concretos, acompañado isto dun aumento do número de candidatos demandantes do mesmo posto e un aumento na cualificación dos mesmos. Partindo desta realidade, o Concello de Arzúa promove e organiza un curso denominado ‘Orientados para o emprego’; terá lugar dos días 2 ao 10 de decembro e impartirase no telecentro, dirixido a persoas desempregadas para favorecer a busca de emprego.

Durante dezaoito horas, repartidas en sesións de tres horas cada unha, falarase do autocoñecemento, da importancia da identidade dixital, redes sociais, portais de emprego, asesoramento para mellorar o  perfil profesional, innovación de cara a elaboración do curriculum vitae, así como das estratexias e ferramentas para afrontar e superar os procesos de selección con éxito.

  • O curso desenvolverase os días 2, 3, 4, 5, 9 e 10 de decembro das 10:00 ás 13:00 horas e a inscrición é gratuíta.
  • Para poder participar nesta iniciativa é obrigatorio anotarse previamente no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa antes do venres 28 de novembro. As inscricións pódense facer presencialmente, por teléfono no 981 500 222 ou por correo electrónico no enderezo cultura@arzua.gal. As prazas son limitadas.

O alcalde de Arzúa, José Luis García, anima aos veciños e veciñas do municipio “a que se inscriban nesta iniciativa que organizamos coa finalidade de que os alumnos ao finalizar o curso sexan quen de planificar unha busca de emprego efectiva e acorde co seu perfil profesional e adquiran as habilidades precisas para obter un resultado exitoso en calquera proceso de selección ou entrevista nos que teñan oportunidade de participar”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email