Arzúa o destino verde de Galicia

CURSO INTENSIVO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS EN ESPAÑA

9 Marzo, 2016

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Arzúa INFORMA sobre a convocatoria do Ministerio de Educación dun curso intensivo de inmersión lingüística en inglés en España.

O programa consiste na asistencia a un curso intensivo dunha semana de duración, find na que os/as participantes estarán en diferentes instalacións (casas rurais, generic campus, albergues…) sitos en diversos lugares de España.

O obxetivo é conseguir un grado de inmersión en lingua inglesa moi elevado. Non se impartirán clases formais, dado que o programa, que se desenvolve totalmente en inglés, básase noutras actividades máis apropiadas para conseguir os seus obxetivos. Trátase de aproveitar todas as situacións de convivencia diaria, de ocio, deporte, tempo libre e descanso para fomentar a conversación cos participantes.

Destinatarios e Requisitos

* Nados entre o 1 de xaneiro de 1996 e o 31 de decembro de 1999
* Ter condición de becario no curso 2015/2016 da convocatoria xeral de becas do Ministerio.
* Estar matriculado no curso 2015/2016 en:
– Bacharelato
– Ensinanzas profesionais de música e danza.
– Grao medio de Formación Profesional
– Grao medio de artes plásticas e deseño
– Grao medio de ensinanzas deportivas
– Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.
* Ter aprobado totalmente o curso anterior e ter obtido en dito curso unha nota final mínima de 7,50 puntos na asignatura de inglés.

Coste do curso

Os/as alumnos/as seleccionados/as só terán que aboar 100 euros. Neste prezo están incluidos todos os gastos en concepto de asistencia, aloxamento e manutención, EXCEPTO o traslado ás instalacións.

Prazo de presentación

Ata o 8 de abril de 2016

Para máis información

* Na Oficina Municipal de Información Xuvenil.
* No BOE n.º 54 do 3 de marzo de 2016
* No enlace: http://www.mec.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/idiomas/998697.html

Versión para IMPRIMIR

Last modified: 9 Marzo, 2016

Comments are closed.