Arzúa o destino verde de Galicia

Curso de Primeiros Auxilios en Arzúa

5 marzo, 2012

A asemblea da Cruz Vermella  informa que nos meses de marzo e abril  vaise  realizar un Curso de Primeiros Auxilios de 40 horas  en Arzúa. As datas nas que se celebrará dito curso serán os sábados 24 e 31  de marzo e 14, 21 e 28 de abril. As persoas interesadas poden dirixirse á oficina da Cruz Vermella sita na rúa Padre Pardo 33 1º (edificio da radio local) de 9:30 a 13:30 da mañá de luns a venres.

Para todos aqueles que están no paro o curso terá un desconto do 10% do importe total.

Para máis información chamar ao teléfono: 981 500 589 en horario de 9:30 a 13:30

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.