Arzúa o destino verde de Galicia

Curso de Primeiros Auxilios en Arzúa

16 Marzo, 2017

A asemblea de Cruz Vermella informa que no mes de abril e maio vaise realizar un Curso de Primeiros Auxilios de 40 horas en Arzúa. As datas nas que se celebrará dito curso serán os sábados 22, pharm 29 de abril , 6, 13 e 20 de maio. As persoas interesadas poden dirixirse á oficina da Cruz Vermella sita no edificio María Mariño na rúa Padre Pardo 33 1º (edificio da radio local ) de 9:30 a 13:30 da mañá de luns a xoves.

Esta formación resulta moi útil para a poboación xeral, xa que o obxectivo último que persegue é facilitar a adquisición de coñecementos e habilidades específicas no campo dos primeiros auxilios.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 17 de abril, tendo descontos do 10% para estudantes, voluntarios, socios ou desempregados. Os descontos poden chegar ao 20% para pequenos grupos así como para desempregados de máis de tres meses.

Para máis información chamar ó teléfono: 981 500 589, ou no enderezo electrónico arzua@cruzroja.es

 

Last modified: 17 Marzo, 2017

Comments are closed.