Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

CURSO DE CONDUCIÓN SEGURA

CURSO DE CONDUCIÓN SEGURA

A Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia pon en marcha un ano máis un curso de formación en condución viaria co obxectivo de achegar á mocidade actitudes seguras no uso do vehículo baseado no coñecemento dos factores de risco, dos sistemas de seguridade do automóbil e da técnica de condución.

Duración:

Catro quendas de sábado pola mañá, sábado pola tarde, domingo pola mañá e domingo pola tarde. Cada quenda consta dun curso formativo de 5 horas: 1 hora de carácter teórico e 4 horas de contido práctico.

Lugares de desenvolvemento da actividade:

– A Madanela, en Forcarei – Pontevedra.
– A Pastoriza, en Pastoriza – Lugo.

Datas:

– A Madanela: 21 e 22 de abril; 28 e 29 de abril.
– A Pastoriza: 5 e 6 de maio; 12 e 13 de maio.

Destinatarios:

Mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos que estean en posesión do carné de conducir B.

Cota de inscrición:

Será de 68 euros. Os posuidores do Carné Xove pagarán 51 euros.

Inscrición:

A partir do 26 de marzo a través do formulario que está disponible na páxina web www.xuventude.net.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email