Arzúa o destino verde de Galicia

ROTEIROS PARA A XUVENTUDE

29 marzo, 2012

ROTEIROS PARA A XUVENTUDE

O programa Roteiros para a Xuventude consiste nun programa de saídas de fin de semana que inclúe itinerarios de cultura mariñeira, rutas de sendeirismo de dificultade media, actividades náuticas e de multiaventura e de interpretación do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico.

Destinatarios:

Persoas con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos.

Inscricións:

Facer a reserva de praza a través dunha chamada telefónica, a partir do día 20 de marzo, aos seguintes números, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres:

981 54 59 37 981 54 57 02 981 54 16 89 981 54 58 22

Días da actividade:

Desde o venres as 19:00 horas, ás 16:00 horas do domingo.

Datas:

De abril a setembro, según instalación.

Cota de inscrición:

Desde 70 a 110 euros según a instalación da actividade.
Os posuidores do carné xove terán un desconto do 20%.

Instalacións das actividades:

– Centro de actividades Nalú. Carnota – A Coruña.
– Aeródromo da Fervenza. Mazaricos – A Coruña.
– Albergue Xuvenil de Gandarío. Bergondo – A Coruña.
– Complexo Xuvenil Lugo 2. Lugo.
– Campamento Xuvenil da Devesa. Ribadeo – Lugo.
– Albergue Xuvenil Benigno Quiroga. Portomarín – Lugo.
– Albergue Xuvenil dos Bioscos. San Xoán de Rio – Ourense.
– Centro de educación ambiental As Corcerizas. Vilar de Barrio – Ourense.
– Albergue Xuvenil As Sinas. Vilanova de Arousa – Pontevedra.
– Illa de San Simón. Ría de Vigo – Pontevera.
– Camping Fieitás. O Grove – Pontevedra.
– Lugar dos Devas. O Covelo – Pontevedra.
– Albergue Xuvenil de Pontemaril. Forcarei – Pontevedra.
– Albergue de Sabucedo. A Estrada – Pontevedra.
– Albergue Xuvenil Vicente Agulló de Mouriscade. Lalín – Pontevedra.

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.