Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Cruz Vermella: Sorteo do Ouro

cruzvermella

O Sorteo do Ouro de CRUZ VERMELLA deixa   26.000€ na provincia de A Coruña.

Ø  O número 47.287 da serie 037 resultou gañador do primeiro premio do sorteo, que recibe 3 millóns de euros

Ø  Na provincia de A Coruña vendéronse 130 boletos do número 07.004, cun premio de 200 € cada un. Coinciden con catro últimos díxitos do segundo premio.

Ø  O sorteo, celebrado en Alacante, distribúe en total máis de 6.500.000 euros en premios no territorio nacional.

 

Con sorpresa e con gran ledicia. Así é como Victoria de Diego Ángeles, unha veciña de Mera, recibiu a nova o día 23 de xullo: seis boletos do sorteo do ouro que mercara tiñan premio. “No club de montañismo do Club Fluvial de Lugo ao que pertenzo estamos organizando unha viaxe aos Alpes a semana próxima e faltábanos algo de diñeiro polo que estabamos organizando unha colecta. Pola noite mirei en internet os resultados do Sorteo do Ouro e o segundo premio chamoume a atención. Chamei ao meu fillo para que o comprobara e vimos que coincidía coas catro últimas cifras do segundo premio polo que tiñan 200 euros cada un”, explica Victoria emocionada.

Esta coruñesa de 53 anos, que foi voluntaria de Cruz Vermella  como tradutora de francés e acompañante dunha persoa con discapacidade, colabora cada ano co Sorteo, convencida de que a sorte está de seu lado; agora non so demostrou que é unha persoa afortunada, senón tamén solidaria, xa que vai adicar boa parte do premio a colaborar co seu grupo de amigos para que a viaxe se poida levar a cabo.

Ela é unha das persoas premiadas no Sorteo do Ouro de Cruz Vermella na provincia, en concreto vendéronse 130 boletos do número 07.004 nas localidades de Santiago, Ferrol, Betanzos e A Coruña, cun importe total que ascende aos 26.000€. Algo que foi posible porque nesta edición incrementáronse o número de premios a repartir no sorteo cun total de 3.900 premios con diferentes contías, co obxectivo de repartir sorte entre máis persoas de diferentes lugares de todo o territorio.

O primeiro premio de Sorteo do Ouro de Cruz Vermella, celebrado o día 23 de xullo en Alacante,  correspondeu ao número  47.287, da serie 037. Este premio está dotado con 3 millóns de € ou o seu contravalor en ouro*.

O segundo premio recaeu no número 67.004 da serie 042. Este premio está dotado con 1.500.000 € ou o  seu contravalor en ouro*.

O terceiro premio correspondeu ao número 59.900 da serie 126. Este premio está dotado con 750.000 € ou o seu contravalor en ouro*.

Os números premiados poden consultarse na páxina web www.cruzroja.es/sorteodeoro, no  número de teléfono 902 22 22 94, ou enviando un SMS ao número 215757 (palabra ORO espazo número do boleto espazo número de serie).

Os premios pódense cobrar no BBVA, Santander e Grupo Banco Popular. O Sorteo do Ouro de Cruz Vermella, con más de 6.500.000 euros en premios, é un dos principais recursos de Cruz Vermella para o desenvolvemento  de proxectos sociais nas máis de 600 asembleas locais distribuídas por toda España.

*O prezo do gramo de ouro o día 22 de Xullo de 2015 ao peche do Mercado de Metais Preciosos de Londres era de 32,23 euros.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email