Arzúa o destino verde de Galicia

Cruz Vermella: Día Internacional da Muller

8 marzo, 2012

O día 8 de marzo, conmemórase o día das mulleres, e Cruz Vermella Xuventude de Arzúa  quere sumarse a celebración desta data.

Dende a asociación xuvenil de Cruz Vermella manifestamos o noso compromiso coa igualdade de xénero, e cos dereitos da muller. Nesta ocasión queremos seguir camiñando pola igualdade, asumíndoa como un compromiso persoal en pro dunha sociedade máis xusta e equitativa.
Por esta razón o xoves día 8 de marzo, realizaremos unha actividade na praza do pobo a partir das once da mañá, na que entregaremos unha pegada a aquelas persoas que queiran participar, nela escribiran unha frase ou palabra que recolla un compromiso persoal ou social de cara a loita pola eliminación da discriminación.

Con todas as pegadas construiremos un camiño, que representará de xeito simbólico ese percorrido que temos que seguir realizando para acadar a igualdade de xénero.

– Homes, os seus dereitos e nada máis: mulleres os seus dereitos e nada menos… – Susan B. Anthony.

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.