Arzúa o destino verde de Galicia

Cruz Vermella: Curso de Primeiros Auxilios

23 octubre, 2012

A asemblea da Cruz Vermella informa que no mes de novembro e decembro vaise realizar un Curso de Primeiros Auxilios de 40 horas en Arzúa. As datas nas que se celebrará dito curso serán os sábados 10, 17, 24 de novembro , 1 e 15 de decembro. As persoas interesadas poden dirixirse á oficina da Cruz Vermella sita na rúa Padre Pardo 33 1º (edificio da radio local ) de 9:30 a 13:30 da mañá de luns a venres. Para todos aqueles que están no paro o curso terá un desconto do 10% do importe total. Para máis información chamar ó teléfono: 981 500 589.

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.