Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Cruz Vermella: Campamento Urbano 2013 en Arzúa

Un ano máis a asemblea de Cruz Vermella vai a realizar un campamento urbano en Arzúa para os rapaces nados entre os anos 2001 e 2005 (ambos incluídos), a semana do 29 de xullo ao 2 de agosto. Durante esta semana os cativos/as poderán disfrutar de xogos, obradoiros, xincanas, e unha excursión de dous días ao parque acuático do concello de Cerceda.

Para inscribirse dirixirse á oficina da Cruz Vermella dende o día 9 ata o 26 de xullo en horario de mañá  de 09:30 a 13:30 de luns a venres.

  • Para máis información chamar ó teléfono: 981 500 589 ou no enderezo electrónico arzua@cruzroja.es

Colabora: Concello de Arzúa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email