Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Cruz Vermella Arzúa: Sorteo do Ouro 2013

Cruz Vermella Arzúa: Sorteo do Ouro 2013

  •  Cun total de ata 3 millóns en ouro e centos de premios máis, o Sorteo do Ouro de Cruz Vermella permitirá axudar a quen máis o precisa.

Unha ano máis, dende fai xa máis de 30, Cruz Vermella mobiliza aos seus voluntarios, socios e traballadores, así como empresas e organizacións colaboradoras na venda de boletos do Sorteo do Ouro. Cos fondos recadados poderán asistir a preto de 2.500.000 de persoas en situación de vulnerabilidade, axudar na busca de emprego ou repartir alimentación básica a máis dun millón de persoas. Dende finais de 2012, a asemblea de Arzúa está atendendo ao redor de 100 familias do noso concello, tanto a través de reparto de alimentos, de xoguetes, como de kits de hixiene infantil e material escolar. Estes datos son o reflexo do esforzo que está realizando a institución para cubrir a cada vez maior demanda de axuda que se está solicitando dende a poboación arzuá. Cada boleto custa 5 euros, cun primeiro premio de 3 millóns de euros, un segundo de 1 millón e medio de euros, e un terceiro de 750.000 euros ou o seu contravalor en ouro, así como centos de premios de menor cuantía. En total, son máis de 1.560 premios a repartir, valorados en máis de 6,6 millóns de euros. Co lema “Se podes, colabora” faise un chamamento a todas as persoas que se atopan nunha situación económica máis favorable, animándoos a que colaboren con aqueles que máis o precisan.

“Se podes, colabora”

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email