Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Cruz Vermella Arzúa: Queres ser voluntario/a?

dia-do-comercio-local-2015-3

O Concello de Arzúa promocionará o comercio local cunha xornada chea de actividades dinamizadoras

O oito de decembro de 2016 o  Concello de Arzúa organizará, por cuarto ano consecutivo, o Día do Comercio Local. O goberno local daralle así continuidade a unha iniciativa que busca promocionar o comercio e a hostalaría do municipio

Aproveitando a proximidade da campaña de Nadal e a feira quincenal, organizarase unha xornada con actividades, promocións e animación de rúa.

Para poder deseñar unha proposta atractiva para o público en xeral, o Concello solicita a colaboración do comercio para que ese día ofrezan descontos, vales de merca, agasallos ou outras promocións.

Do mesmo xeito, animan aos locais hostaleiros a que se involucren nunha ruta de tapas para promocionar a gastronomía e os produtos de calidade da zona; un convite que tamén se extende aos nosos restaurantes, bares e cafeterías.

Ao igual que se fixo nas  anteriores edicións, dende o Concello de Arzúa difundirase o evento, programaranse actividades complementarias e elaboraranse programas de man e cartelería con toda a información das actividadades e das propostas que os locais comerciais e hostaleiros vaian definindo.

Os empresarios e empresarias interesados en participar deberanse anotar no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando ao teléfono 981 500 222 entre o 25 de outubro e o 10 de novembro. A inscrición é gratuíta.

O alcalde de Arzúa, José Luís García, anima á participación neste encontro “que poñemos en marcha de novo coa ilusión de que sexa un aliciente máis para a dinamización e promoción do noso comercio e que precisa da implicación e colaboración de todos”. O rexedor tamén aproveitou a ocasión para adiantar que “contaremos con importante novidades que farán as delicias de todos os públicos “.
dia-do-comercio-local-2015-3

O Concello de Arzúa promocionará o comercio local cunha xornada chea de actividades dinamizadoras

O oito de decembro de 2016 o  Concello de Arzúa organizará, por cuarto ano consecutivo, o Día do Comercio Local. O goberno local daralle así continuidade a unha iniciativa que busca promocionar o comercio e a hostalaría do municipio

Aproveitando a proximidade da campaña de Nadal e a feira quincenal, organizarase unha xornada con actividades, promocións e animación de rúa.

Para poder deseñar unha proposta atractiva para o público en xeral, o Concello solicita a colaboración do comercio para que ese día ofrezan descontos, vales de merca, agasallos ou outras promocións.

Do mesmo xeito, animan aos locais hostaleiros a que se involucren nunha ruta de tapas para promocionar a gastronomía e os produtos de calidade da zona; un convite que tamén se extende aos nosos restaurantes, bares e cafeterías.

Ao igual que se fixo nas  anteriores edicións, dende o Concello de Arzúa difundirase o evento, programaranse actividades complementarias e elaboraranse programas de man e cartelería con toda a información das actividadades e das propostas que os locais comerciais e hostaleiros vaian definindo.

  • Os empresarios e empresarias interesados en participar deberanse anotar no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando ao teléfono 981 500 222 entre o 25 de outubro e o 10 de novembro. A inscrición é gratuíta.

O alcalde de Arzúa, José Luís García, anima á participación neste encontro “que poñemos en marcha de novo coa ilusión de que sexa un aliciente máis para a dinamización e promoción do noso comercio e que precisa da implicación e colaboración de todos”. O rexedor tamén aproveitou a ocasión para adiantar que “contaremos con importante novidades que farán as delicias de todos os públicos».

 
cruzvermella

Compromiso, implicación, ilusión, tempo…. todas son palabras que asociamos directamente co noso voluntariado, un elemento imprescincible para canalizar a solidariedade. En Cruz Vermella podemos realizar moitas actividades grazas a participación de moitas persoas que participan como voluntarios nas distintas fases da posta en marcha e desenvolvemento dos proxectos.

Se queres compartir parte do teu tempo pensa en facerte voluntario e así axudar a mellorar a vida de moitas persoas.

Ponte en contacto con nós para descubrir que opcións de voluntariado existen na nosa asemblea. Pódelo facer vía telefónica (981 500 589), a través do correo electrónico (arzua@cruzroja.es) ou achegándote pola oficina en horario de 9:30 a 13:30 na rúa Padre Pardo 33 – 1º en Arzúa.

Anímate!!!!!

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email