Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

CRUZ VERMELLA ARZÚA – Día Internacional das Mulleres

As reivindicacións en materia de igualdade de xénero e pola defensa dos dereitos das mulleres continúan protagonizando a axenda social e política. O 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, é una oportunidade para destacar os logros acadados neste sentido, pero tamén o é para lembrar a necesidade de poñer en marcha canto antes cambios transformadores, enfoques integrados e novas solucións que rompan as barreiras estruturais que impiden acadar una igualdade real entre mulleres e homes.

Neste sentido, «Mulleres en poder, mulleres empoderadas» é o lema escollido pola nova campaña de Cruz Vermella Xuventude. Con esta iniciativa preténdese impulsar a igualdade de xénero a través do empoderamento das mulleres, de tal xeito que comencen a lograr o control das súas decisións, capacidades, habilidades e en definitiva, sobre as súas propias vidas, para conseguir unha sociedade máis equitativa. Non podemos superar a desigualdade de xénero sen o empoderamento das mulleres e sen mulleres en poder.

No marco desta campaña, Cruz Vermella realizará durante os próximos días actividades en distintas localidades galegas, entre elas aquí en Arzúa. Haberá charlas, talleres con nenos e nenas e adolescentes que participan nos nosos proxectos nas propias sedes da organización como en centros educativos así como en prazas e rúas.

https://www.cruzroja.tv/video/11028/las-mujeres-en-poder

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email