Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Cruz Vermella Arzúa: Día Internacional da Muller

As mulleres atopan maiores obstáculos para acceder ao emprego polo feito de ser mulleres

  • Palabras que crean igualdade” é a campaña que Cruz Vermella pon en marcha co motico do día oito de marzo.

 O concepto de igualdade está hoxe máis vixente que nunca, xa que a crise económica tende a relegar conceptos que considera privilexios en lugar de prioridades.

As mulleres presentan maiores dificultades de acceso ao traballo por conta allea e tamén por conta propia, maior índice de contratación temporal e de empregos a tempo parcial, inferior acceso aos postos de decisión, menores salarios comparativamente…. No ámbito da educación os datos tampouco son mellores, e son as xovenes menores as que ven máis mermadas as súas posibilidades.

Cruz Vermella Xuventude pon en marcha a campaña “Palabras que crean igualdade” co obxectivo de favorecer o uso da linguaxe inclusiva non sexista. Os diferentes usos da linguaxe constrúen realidades e crean imaxinarios. A linguaxe promove a creación de sociedades igualitarias e crean un marco favorable para relacionarse en igualdade.

Por iso Cruz Vermella a  través das redes sociais (baixo o hashtag #PorlaIgualdad en Twitter) ofrece freramentas e consellos para o uso inclusivo da linguaxe. Aquí poderemos observar que con pequenos cambios no noso xeito de falar, como o uso de substantivos xenéricos (persoa, colectivo, poboación… en lugar de masculinos, estaremos contribuíndo ao emprego dunha linguaxe inclusiva.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email