Arzúa o destino verde de Galicia

Cruz Vermella Arzúa: Día contra a Sida

29 noviembre, 2012

O 1 de decembro, Día mundial da loita contra a SIDA, figura no calendario de Cruz Vermella como unha data ineludible na que dende o seu programa de promoción e educación para a saúde se traballa pola transmisión en valores e pola adquisición de hábitos saudables.

O VIH continúa sendo un problema de saúde mundial, pese a que se produciron importantes avances na prevención, detección e tratamento do VIH. Dende Cruz Vermella este ano coa  campaña “Co VIH, pon os pés no chan”, preténdese previr condutas de risco ante a infección por VIH, así como erradicar  actitudes ou comportamentos relacionados co estigma e a discriminación cara a persoas que conviven con esta enfermidade.

A campaña xira en torno ó vídeo publicado na canle de Cruz Vermella Televisión e na canle oficial de Cruz Vermella Española en Youtube, que ten o mesmo nome que a campaña “Co VIH, pon os pés no chan”. Nel danse respostas as principais cuestións relacionadas co VIH e o SIDA, que é?, qué ocorre?, como se transmite o VIH?, como se prevén?…

http://http://www.cruzroja.tv/index.php?MetaDataID=778119

Ademais tamén se conta cunha ferramenta fundamental dende fai varios anos que é o teléfono de atención gratuito 900 111 000. A través deste servizo aténdese de xeito anónimo e confidencial, as consultas da poboación relacionadas coa infección por VIH. Esta xestionado por persoal especializado e conta coa financiación do Plan Nacional sobre a Sida. Dispón tamén dun correo electrónico de consulta: informacionvih@cruzroja.es.

Last modified: 23 diciembre, 2018

Comments are closed.