Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Cruz Vermella Arzúa: Curso de Técnicas de Mobilización de Pacientes

Cartel Mobilización Arzúa

A asemblea de Cruz Vermella de Arzúa organiza un curso de Técnicas de Mobilización de Pacientes

A Asemblea da Cruz Vermella organiza un curso de TECNICAS DE MOBILIZACIÓN DE PACIENTES   cunha duración de 20 horas. As datas nas que se celebrará serán os sábados 9,16  de abril en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30 horas e o sábado 23 de abril  en horario de 10:00 a 14:00 horas,

Este curso está dirixido fundamentalmente a familiares, coidadores, celadores, auxiliares, pero tamén é unha formación que pode resultar de utilidade para a poboación xeral, xa que o obxectivo último que persegue é facilitar a adquisición de coñecementos e habilidades específicas no campo da mobilización de pacientes.

O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 7 de abril, tendo descontos do 10% para estudantes, voluntarios, socios ou desempregados. Os descontos poden chegar ao 20% para pequenos grupos así como para desempregados de máis de tres meses.

 

Para máis información poden dirixirse ao enderezo electrónico arzua@cruzroja.es ou ben no teléfono 981 500 589 en horario de 9:30 a 13:30 de luns a venres.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email