Arzúa o destino verde de Galicia

Cruz Vermella Arzúa: Curso de Primeiros Auxilios

13 marzo, 2014

CRUZ VERMELLA ARZÚA
Marzo 2014- Curso PPAA

A asemblea  de Cruz Vermella  informa que no mes de marzo e abril  vaise  realizar un Curso de Primeiros Auxilios de 40 horas  en Arzúa. As datas nas que se celebrará dito curso serán os sábados 22, 29 de marzo, 5, 12 e 26 de abril. As persoas interesadas poden dirixirse á oficina da Cruz Vermella sita no edificio María Mariño  na rúa Padre Pardo 33 1º (edificio da radio local ) de 9:30 a 13:30 da mañá de luns a venres.

Para todos aqueles que están no paro o curso terá un desconto do 10% do importe total. Para máis información chamar ao teléfono 981 500 589  ou no enderezo electrónico arzua@cruzroja.es

Last modified: 24 diciembre, 2018

Comments are closed.