Arzúa o destino verde de Galicia

Cruz Vermella Arzúa: Curso de Primeiros Auxilios

14 octubre, 2013

A asemblea  de Cruz Vermella  informa que no mes de novembro e decembro  vaise  realizar un Curso de Primeiros Auxilios de 40 horas  en Arzúa. As datas nas que se celebrará dito curso serán os sábados 9, 16, 23, 30 de novembro e 14 de decembro.

As persoas interesadas poden dirixirse á oficina da Cruz Vermella sita no edificio María Mariño  na rúa Padre Pardo 33 1º (edificio da radio local ) de 9:30 a 13:30 da mañá de luns a venres.

 Para todos aqueles que están no paro o curso terá un desconto do 10% do importe total.

 Para máis información chamar ó teléfono: 981 500 589.

Last modified: 24 diciembre, 2018

Comments are closed.