Arzúa o destino verde de Galicia

Cruz Vermella Arzúa: Curso de Manipulador de Alimentos

18 Mayo, 2017

A asemblea de Cruz Vermella informa que o sábado 17 de xuño vaise a realizar un curso de MANIPULADOR DE ALIMENTOS, cunha duración de tres horas lectivas. Esta formación pretende dotar aos asistentes dos coñecementos e normas básicas necesarias para a manipulación de alimentos, e o seu prezo é de 20 EUROS, con descontos para estudantes, voluntarios e xente que se atope en situación de desemprego.

As persoas interesadas poden dirixirse á oficina da Cruz Vermella sita no edificio María Mariño na rúa Padre Pardo 33 – 1º (edificio da radio local ) de 9:30 a 13:30 da mañá de LUNS A XOVES, ou ben a través do teléfono 981 500 589, ou do mail arzua@cruzroja.es

O prazo de inscrición estará aberto ata o 9 de xuño.

Last modified: 18 Mayo, 2017

Comments are closed.